O novo capítulo do proceso de demolición do galego que está levando a cabo o goberno da Xunta consiste en financiar os textos de Matemáticas e Tecnoloxía (na ESO) que ata agora estaban en galego e que o alumnado podía usar de balde durante dous cursos máis. Para iso non hai crise nin problemas de recursos.
E van financiar tamén os textos de materias que ata agora se impartían en castelán e que, se cadra, en moitos centros teñen que pasar a ser en galego para conseguir o equilibrio que se establece no decreto 79/2010?
Non, iso non o prevén. Os cambios do castelán para o galego que os paguen as familias, que así cóllenlle un pouco máis de tirria ó noso idioma.

-------------------
NOTA:
1- Parabéns a Eva Moreda polo premio Terra de Melide coa novela A Veiga era como un tempo distinto.
2- Acabo de saber da morte de Saramago e o primeiro que se me vén á cabeza é unha viaxe en autoestop desde Lisboa a Mafra, levado polo Memorial do convento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario