V: Aínda hai guerra
En setembro publica unha colaboración co título Os firmós teñen’ a culpa, onde retoma os fungueirazos contra estes personaxes:
En setembro publica unha colaboración co título Os firmós teñen’ a culpa, onde retoma os fungueirazos contra estes personaxes:
Os firmós teñen’ a culpaSempr’ o dixen yo direi: s’ hay caciques é porqu’ hay firmós, pois non pod’ un cacique facer un repartemento dos consumos sin que llo firmen’ os concexales é repartidores, que son’ os verdadeiros firmós ou machos de reata, qu’ é o mesmo.[...]Os caciques que temos a pouca sorte d’ aguantar, é que tantos males ou perxuízos nos causan, non é pol’ a súa mayor intelixencia, nin mandan porque teñan máis forcea que cada fillo de vecín, nin sean máis guapiños que calquera, pois, se por’ eso fora, había d’ haber cincuenta, que comi’ a bocadiños unha ducea de caciques, sin desaunarse nin conocérselle no fol; por eso dixen, é volv’a decir, que s’ hay caciques é por qu’ hay firmós, é por qu’ hay bastantes burros entros labregos, que, sin saber o mal que fan, ou por outras razós qu’ agora non esprico sirven de cirineos e de verdadeiros verdugos de si mismo e dos poeblos donde viven, facendo canto lles mand’ o siñor, incruso firmal’ a morte de seu pai, s’ o cacique llel’ o impón.[...]O artigo continúa coa narración dunha longa historia, a modo de exemplo, que narra o conflito dun cacique cuns labregos. O relato queda inacabado e continúa no número do mes de novembro, onde se conta como os veciños lograran atallar as falcatruadas do cacique e, despois de detelo, non saben que facer con el. Hai quen propón queimalo vivo, outros din que é mellor aforcalo nun carballo, atalo polos pés ó rabo dunha egua brava, cazalo coma as perdices ou atarlle unha pedra ó pescozo e tiralo ó río ou ó mar. Só faltaba por opinar un velliño que era tido por entendido:[...]
¿E que lle parece a bostede, tiu Rosende?
Paréceme, meus amigos, que non miráedel’ a cousa por donde se debe e que vos deixades levar da forza do xenio, en vez de descurrir como descurren’ os homes de bon entendemento, y’ anqu’ o meu parecer non mereza ser tido en conta, xa que mo preguntan, eilles decilo como sepa.O cacique d’ aquí, como todol’ os máis da súa ralea que gobernan nos demais Auntamentos, non serían tan malos como son, se noubera firmós que son’ os verdadeiros causantes dos males qu’os caciques fan, é por eso, á quen debe de castigarse e facerse responsabre de todo é os firmós, xa que non se fixan máis cando firman.
Foi tal o parecer de tiu Rosende, que por certo foi aprobado por todos, é desde’ aquel día deixaron en paz ó cacique pra emprendela cos firmós. Estos vírons’ e castigados sin compasión é logo entenderon que lles conviña non firmar á ollos zarrados canto lles mandas’ o cacique, pra librarse das venganzas que todos’ agoantaron, pois mentres unhos lles ardeu ó pallar, outros ardeull’ o palenque ou ó palleiro, ou aparecía calquera día derreado dos cadrís.A receta do tiu Rosende mentres fixeron uso d’ ela facía milagros, pois houbo tempo qu’ o cacique non puido ancontrar quen lle firmas’ os padrós nin outra cras de documentaxe pol’ o med’ o castigo, y-agora repito ó que xa dixen outras veces: s’hay caciques é porqu’ hay firmós.PAO DE TOXO
Ningún comentario:
Publicar un comentario