A SERIE EMPEZA AQUÍ
Dorothe Schubarthe é unha musicóloga suíza que chegou aquí a finais dos 70 para estudar a nosa música popular, ocupando así as súas vacacións, que non todo van ser festas gastronómicas. Como había máis do que pensaba, acabou botando cinco anos no asunto e, como froito, deixounose ese valioso e voluminoso
Cancineiro Popular galego, en coautoría con Antón Santamarina. No Arquivo Sonoro de Galicia están depositados case 250 CDs coas gravacións orixinais. Un tesouro para novos e vellos, como diría Cunqueiro.
Johannes Kabatek naceu en Stuttgart, Alemaña, en 1965. É un romanista de prestixio que leva tempo ocupado e preocupado polo estudo do galego. A súa última aportación,
Os falantes como lingüistas, é unha boa lectura para tratar de comprender o incomprensible: o trato que os galegos lle damos ó noso idioma.
Hai case oitenta anos
Federico García Lorca chegou a Galicia con
La Barraca, esa compañía de teatro que percorreu o país de praza en praza, de vila en vila, buscando a xente, non conformándose con actuar só nas cidades. Non imos facer máis cábalas sobre os motivos nin o papel que Blanco Amor desempeñou no asunto, o caso é que o gran poeta granadino, o mesmo que escribiou impresionantes versos con Nova York ó fondo, deixounos os seus
Seis poemas galegos, para deleite do oído e orgullo da terra. Despois tropezou cos desalmados.
Déixame morrer no leito
Soñando con flores d’ouro O que morreu no leito foi outro.
Lorca non puido vivir o seu verso.
CONTINÚA