Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Traveso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Traveso. Amosar todas as publicacións

28.1.14

"Carta entr'aberta" de Ramón Traveso a Francisco Lanza

Pouco a pouco van aparecendo os textos dos nosos vellos poetas. En dúas ocasións (1 e 2) referímos xa a Ramón Traveso. Sospeitaba ter visto máis textos del, pero non lembraba cando nin onde. Hoxe, revisando arquivos, dei con este recorte de marzo de 1927 que me enviara Xoán Babarro, que gardara e que xa non lembraba.

O poema vai dirixido a Francisco Lanza, fundador e primeiro director de La Comarca del Eo. Ramón Traveso gaba o labor de Lanza como xornalista, dálle conta da propia saúde e pregúntalle por un tema que durante anos estivo presente na actualidade local: o trazado do ferrocarril. Nesta ocasión refírese ó ferrocarril central que había unir Ribadeo con Vilafranca e que nunca chegou a existir. Daquel proxecto, o único que quedou foi "Vilafranca do Bierzo" como nome para unha das rúas principais de Ribadeo e "Ribadeo" para unha de Vilafranca, tamén chamada "Calle del Agua".


10.10.13

Ramón Traveso, oda a Ribadeo.

Con todo o respecto, pero coa informalidade que con frecuencia me permito no blog, publiquei hai meses un poema de Ramón Traveso que atopara nas pesquisas que desde hai tempo veño facendo na prensa eonaviega.

O poema enviárallo o autor desde Pasajes o 4 de outubro de 1936 ó director de La Comarca para a súa publicación. Teño a sensación de ter visto o nome de Ramón Traveso na prensa da zona nalgunha outra ocasión, pero non sei cando, nin onde nin a propósito de que. En realidade, nin sequera teño a certeza, pero desde aquela, cando reviso exemplares, ando atento, por se acaso aparece algo máis.

Con grata sorpresa para min, recibín algún tempo depois un comentario de Miguel Saavedra, bisneto do autor, interesándose polo texto, para el descoñecido ata entón.

Hai uns días recibín de novo un correo seu, facilitándome unha foto de Ramón Traveso e un poema inédito que conservan no arquivo familiar. Trátase dunha oda a Ribadeo e a súa comarca, que reproduzo a continuación, agradecéndolle a Miguel o envío do texto e a autorización para facelo público, de xeito que pouco a pouco vaia aumentando o corpus da literatura galega da zona:


11.5.12

Verzas do meu horto



TEXTO: outubro de 1936 (La Comarca del Eo)
FOTO:  as verzas da miña aerohorta, 11 de maio de 2012

A literatura sempre é aproveitable, aínda que sexa anos despois:

Ou, simpáticas lectoras
que sois todas as galegas
a vosoutras me dirixo
con estas humildes verzas
                                                      (Ramón Traveso, 1936)

E isto publicouse como novidoso hai só uns anos (descoñezo a autoría), sen saber que xa que un tal Ramón Traveso fora pioneiro: