No curso 25-26 encargueime da coordinación e redacción do PLEA (Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información) no instituto en que traballo. Para ese labor contamos co asesoramento dun coordinador que nos deu, entre outras, instrucións para a redacción dos obxectivos.
Indicábasenos que debían ser breves,
concisos, claros, medibles, realistas e que “deben deixar clara a acción a realizar
e a finalidade”. Canto ó uso dos verbos indícase que se deben empregar verbos
que “reflictan discriminación, acción medible ou cuantificable (podemos
recoller exemplos da Taxonomía de Bloom)” e que cómpre evitar verbos que non
permiten a medición. E menciónanse como exemplos de formas inadecuadas os verbos “promover”, “concienciar”,
“animar” e “fomentar”.
![]() |
| Fragmento das instrucións para a redacción do PLEA |
Se
cadra non estaba mal que por aí arriba aplicasen o que se nos pide ós de por
aquí abaixo, porque non me parece que se poida elaborar un documento útil con verbos inútiles.
