|
Portada do libro |
O venres, día 17 de novembro, tivo lugar na Casa de El Viejo Pancho de Ribadeo a presentación do volume
Literatura Galegoasturiana, do que
xa teño falado neste blog. |
Suso F. Acevedo, Dores Fernández Abel e Xosé Henrique Costas, durante a presentación.
|
No evento acompañáronme
Xosé Henrique Costas, coordinador do libro, e
Dores Fernández Abel, da
Agrupación Cultural Francisco Lanza, que organizou o acto. Estaba prevista a presenza de
Xoán Babarro, coautor do traballo, que finalmente non puido asistir.
|
Intervención de Xosé Henrique Costas |
Aproveitando a presenza en Ribadeo de Xosé Henrique Costas,
presentouse tamén a súa primeira novela, de recente aparición: Ao sur da liberdade. Trátase do primeiro
volume dunha triloxía ambientada na Gallaecia do século VIII, en que se funden
historia, cultura, lingua e identidade coas aventuras dun mozo que foxe para
evitar que o condenen por un crime que non cometeu.
Ampliaremos información sobre este libro na próxima entrega.
|
Portadas dos dous libros presentados. |