Os que me coñecedes persoalmente e/ou os que me seguides neste blog sabedes que teño dedicado tempo e esforzo a tratar de analizar, explicar, razoar ou retrucar distintos aspectos relacionados coa lingua galega e parte dese esforzo ata acabou collendo exitosa forma seria.
Non sei se é por aburrimento, cansazo, desmotivación, impotencia, por estar mediosumido nun tempo postintelectual ou simplemente porque na beiramar cantábrica non acaba de asentarse o sol, pero o certo é que ultimamente, cada vez que leo ou escoito algo dese estilo sobre o galego, a única reacción que se me vén á cabeza é unha ben famosa, recentemente galardoada, e paréceme a máis atinada de cantas teño usado.
1 comentario:
É ben comprensible.
Alternativamente poderías utilizar “Sue Ellen, estás bébeda”, que tampouco está nada mal. :-))
Publicar un comentario