Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

19.5.12

Cabreos animados

Comparten comigo horas de estudio un par de tipos especiais: un, gordo e bonachón; o outro, pequeno e malencarado.
Xuntoumos alí Álvaro hai tempo e convivimos a gusto, que sendo ben cabidos hai sitio para todos. Tamén é certo que decidir decido eu: eu escollo a música, eu prendo e apago a luz cando quero, eu regulo a temperatura, eu subo e baixo a persiana,… Eles non se meten en nada, andan ó seu, deixan facer e non estorban.

Pero veño observando que levan un tempo algo raros, enrabeados, e creo que están pensando en darse ó alcohol.

Despois, vin por aí que outros da súa especie andan tamén violentos, agresivos...


...e ata atopei algúns que se están organizando en tribos irmandiñas para dicir que xa está ben, que xa chegamos ó límite.

 Cando ata eles se rebelan, algo grave debe estar pasando. E ti a velas vir. 

11.5.12

Verzas do meu horto



TEXTO: outubro de 1936 (La Comarca del Eo)
FOTO:  as verzas da miña aerohorta, 11 de maio de 2012

A literatura sempre é aproveitable, aínda que sexa anos despois:

Ou, simpáticas lectoras
que sois todas as galegas
a vosoutras me dirixo
con estas humildes verzas
                                                      (Ramón Traveso, 1936)

E isto publicouse como novidoso hai só uns anos (descoñezo a autoría), sen saber que xa que un tal Ramón Traveso fora pioneiro: