Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

11.6.13

"As meniñas de Saudade", as outras gaitas


Non me quitan o sono as gaitas... ou si, se soan cerca. Quero dicir, por moi pouco patriótico que pareza, que non é un instrumento que me mova nin me conmova. Pero iso non impide que valore o seu papel na nosa cultura, aínda que non o pareza porque hoxe non ando nada serio, que un tamén ten dereito a ser un pouco toxo. Pois de gaitas vai o asunto:

En Ribadeo creouse nos anos 60 o primeiro grupo de gaiteiras do mundo: "As meniñas de Saudade". Non hai moito que o concello decidiu homenaxealas cunha rúa.

Tamén as homenaxeou Carmiña Prieto Rouco cun poema no ano 62. Publicouse o 15 de setembro dese ano en Las Riberas del Eo. Tampouco me conmove Carmiña Prieto Rouco, aínda que ó seu favor direi que escribiu en galego cando poucos os facían. Claro que supoño que para ela non sería opción de risco porque tivera a ben dedicarlle versos a un tal Franco, que era un tipo pequeno de corpo e de cerebro que saía nas pesetas. En fin, en tempos de guerra...

Velaquí o poema, que ten o seu aquel. Xusto é que se difunda e se valore como merece:


2.6.13

Cine Colón


Unha homenaxe de Tania á súa sala de cine preferida, esa que vai comprar e amañar cando sexa rica.
                              http://cinesribadeo.blogspot.com.es/