Non pensaba dedicarlle nin unha liña ó tema da consulta ás familias porque diso xa fala todo o mundo, pero vendo o que está pasando, non dou coutado os dedos, que se están tirando de cabeza ó teclado. Pero serei breve:
- A enquisa é unha parvada que non sei en que mal parto naceu.
- Aínda que é unha parvada, ten moi mala uva e moi malas intencións.
- A bromiña seica vai custar 200.000 €. Iso debe ser máis ou menos un Audi.
- Os intentos que está habendo para que non se facilite información adicional ás familias son vergonzosos e impropios dun sistema democrático.
- Se alguén ve intento de manipulación no
tríptico que a coordinadora de equipos de normalización lingüística está distribuíndo debería pensar seriamente na súa saúde mental. Na miña vida vin cousa máis aséptica.
- Xa estou sendo capaz de controlar os dedos. O asunto non merece máis esforzo, nin máis enlaces, nin negriñas, nin tan sequera imaxe.
ENGADIDO: A mellor proba de que cómpre impulsar o noso idioma é que na versión en galego do impreso da consulta hai faltas de ortografía.