Portada da edición de As aventuras de Tom Sawyer, adaptada por F. Lanza |
Este ano cúmprense o 50 aniversario da creación da Agrupación Cultural Francisco Lanza. Honrábase así, nos últimos anos do franquismo, a un ribadense destacado nas primeiras décadas do século pasado, que un día decidiu coller as maletas, coma moitos outros.
Antes diso, Francisco Lanza levara a cabo un intenso labor cultural na súa vila. Entre as súas iniciativas cómpre salientar a creación do semanario La Comarca del Eo, que aínda se publica cada sábado. Tamén colaborou na prensa galeguista da época (Revista Nós, etc.).
Na emigración continuou dedicándose ó xornalismo, pero tamén traballou como tradutor para a editorial Sopena.