Del toupo non sei nada. Sei que fuza, que fuza por cuando vai chuver. Cuando fai un montón de tierra, que fuza pa riba, dicen: "Mira, vai chuver, que fuza el toupo". [X. Babarro (2003): O galego de Asturias]
Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.
21.12.12
16.12.12
Belén Rico: Algunhas maos
Desde A Veiga chéganos Algunhas maos, o primeiro poemario de Belén Rico Prieto. A verdade é que, no meu caso chegoume máis tarde do que desexaba e a culpa é miña e só miña. Vale..., miña e do calendario, que non quixo ser propicio. Belén sabe.
Aínda que tardase eu en telo, o importante é que o libro naceu, e vaia se naceu con ben!
Creo que atinou Belén ó empezar por El Acabo e deixar a Saramago nas portas do seu corazón de cartolina, no inicio desa viaxe de versos que tiña que facerse necesariamente en soidade, porque hai dores e esforzos que un ten que pasar só.
Despedido o de Azinhaga, chegou a mellor Belén, e abriunos o seu arcón de cerna pura. As palabras ripounas da terra, pero pasounas polo filtro da alma e púxonos diante, a corazón aberto, a memoria, a lingua, a reflexión sobre o propio feito de escribir -por veces parécenos ver a Rosalía sobrevoando as páxinas-, os medos e as esperanzas que poucas veces a xente amosa. Porque Algunhas maos non é só un exercicio de revitalización do léxico -que o é-, senón tamén un fermoso acto de transparencia ante o lector.

Quero chorar tanto como teño ganas
hasta romper as fontes,
deixar que tanta neve se derrita
y escorrentar el inverno que levo nel alma.
NOTA: Aproveitamos para deixar constancia da nosa noraboa polo premio Terra Viva 2012 que recentemente recibiron Belén Rico e Aurora García Rivas.
10.12.12
Haiga
Creo que algunha vez lle oín a Quique Costas, autor intelectual da colección Òlga, que do que se trataba era de poñer a disposición da xente información e material sobre a literatura eonaviega e que cada un fixese del o uso que considerase oportuno.
No volume de poesía, Évos un ameicer guapo, da autoría de Xoán Babarro, ofrecéronse textos poéticos de autores eonaviegos que levaban tempo máis ou menos esquecidos. Entre eles, Cándido Sanjurjo, Conrado Villar Loza, Quique de Roxíos e Antolín Santos Mediante.
Agora atopámonos cos citados nas letras dos temas cos que os Folkgazais deleitan o noso oído e reviven a memoria. Non sei se sen a existencia de Òlga os responsables de Haiga repararían nestes nomes. Pode que si, pero tamén pode que non.
O certo é que un comprácese de dar de novo con eles, en versión musicada, neste novo disco do conxunto eonaviego, coidadosamente deseñado.
Longa vida ós proxectos do sempre controvertido Abel Pérez!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)