Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

12.3.14

Non esquecendo a Curros, lembrando a Rosalía.

I
Se reparásemos con calma na historia da nosa literatura, poida que nos decatásemos de que estamos deixando pasar por alto datas que ben merecían unha conmemoración.

O 11 de marzo, o tan sonado 11M, sería unha delas: nese día de 1881 ditouse a sentencia que absolvía definitivamente a Curros Enríquez das acusacións que contra el verquera o bispo de Ourense. Luciano Puga foi o avogado que logrou salvalo, pero na súa defensa participara tamén Juan Manuel Paz Novoa, que con anterioridade impartira clase na Escola de Comercio de Ribadeo. Certo é que o fixo en primeira instancia, e non con moito éxito, xa que daquela Curros fora condenado a máis de dous anos de cárcere e a 250 pesetas de multa.

II
O 11 M pasou sen que ninguén se acordase de Curros, pero creo que febreiro é xa o mes de Rosalía, por celebrarse o aniversario do seu nacemento.

Os meus pequechiños do agrupamento específico de 2º de ESO non quixeron quedar á marxe desta data e tamén homenaxearon a Rosalía. A nosa boa intención e a ilusión está fóra de dúbidas; o resultado que o valore cadaquén.

PREME NA IMAXE
 Unha historia rosaliana