Portada da edición en papel dos Tópicos sobre a lingua galega (Imaxe engadida en 2014) PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CADERNO |
Houbo un tempo no que chegou a aburrirme tanto estar sempre oíndo e dicindo o mesmo, que un día puxen por escrito o que xa estaba cansado de repetir de palabra, fixen unhas cantas fotocopias e empecei a levalas sempre encima, de xeito que, cando saía a disputa, amañaba o asunto dicindo:
-Le isto.
E entón xa podía falar de fútbol ou do tempo, como fai toda persoa culta e civilizada.
Non vaiades pensar que a cousa non funcionou, porque repartín unhas cantas copias. Como tamén é tema de disputa a diario na rede, vou ir colgando aquí o que eu chamei Tópicos sobre a lingua galega, por se me le alguén a quen lle guste falar de fútbol e do tempo, como fai a xente culta.
1 comentario:
Bárbaro! Clariño e sucinto. Ademais aínda me rin un pouco, e a cousa non é para rir...
Publicar un comentario