Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

24.5.07

Letras na pedra V: Unha Luz no camiño


Letras na pedra
Á beira da igrexa da Virxe do Camiño, en Ribadeo, está este pedroulo en homenaxe a Luz Pozo Garza, por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Non quero escribir máis para non estorbar os versos, ben bonitos.




As fotos son regalo de Toni. Graciñas.

4 comentarios:

Xabier dixo...

A pedra é ben bonita, pero, de verdade os versos che parecen mellores ca os de María Mariño?

;-)

Suso dixo...

ja,je,... e que non sabía que dicir, e puxen iso como excusa.

A min tamén me gusta a pedra, pero gústame máis a do Faro (Letras na pedra-I), picada á man e non a máquina.

Pero xa metido no lío, agora teño que buscar argumentos para o que me preguntas. Velaí che van dous:
1- É que me gusta iso da "seducción".
2- Hai que tirar para a casa (aínda que sexa adoptiva).

Podes escoller. :)

Por certo, admito doazóns para esta sección.
Por aí pola chaira non hai un paseo con fragmentos literarios escritos en lousa?
Se algún día che cadra de pasar pòr onda eles, retrátaos.

Saúdos

Suso dixo...

O til de "pòr" no comentario anterior puxérono os trasnos. Eu non fun.

Xabier dixo...

Mellor o argumento 2, madia leva... :)

Na Chaira creo que algo hai, máis ben
en madeira, e proxectado para unha cousa non sei se de pedra ou similar, un ben fermoso poema dunha bretona, pero xa miraremos. E sobre todo miraremos como quedan hoxe as pedras da Chaira, a ver se viran, coma na tradición cantábrica, e cambia o vento.

apertas