Se non fose impropio, por non dicir irreverente, no día de hoxe, creo que escribiría algo non bo sobre María Mariño.
Ultimamente lin tantas páxinas cheas de gabanzas sobre ela, que ás veces danme ganas de denunciar ó libreiro que me vendeu a súa Obra Completa, porque se me debeu quedar con algúns poemas.
Alábana uns polo seu léxico. Certo que é moito máis rico do que hoxe acostumamos a ler, pero tamén é magnífico o léxico do dicionario de Carré Alvarellos e ninguén di que se trate dun gran poeta.
Alábano outros dicindo que foi unha “dinamiteira da fala” polo uso que fixo dalgunhas estruturas gramaticais. Eu pregúntome se non dinamitaría a gramática. Non esquezamos que esa etiqueta de “dinamiteira da fala” púxolla Novoneira, pero deitábase con ela, segundo dá por certo o profesor Agrafoxo. É comprensible a súa postura, fose cal fose a postura preferida. E se dinamitar a fala é un mérito poético, que lle dean o Esquío, compartido, ás ducias de políticos que estes días sementan poesía desde o principio ó remate de cada mitin.
Outros valoran dela a súa condición de “rara” ou a súa actitude de muller rebelde para o seu tempo. Vale. Pero eu pensaba que a literatura era outra cousa.
Eu creo que nin tanto nin tan pouco: nin María Mariño merecía ser tan ignorada como foi durante anos, nin vai agora moverlle a cadeira a Rosalía.
Se eu escribise hoxe sobre ela diría que en moitos dos seus poemas –nos que a min me venderon- atopo sempre dous, tres ou catro versos que me parecen ben logrados, pero tamén atopo dous, tres ou catro versos que estaban mellor agachados no Courel dos tesos cumes que ollan ó lonxe.
Palabra no tempo é unha obra que a autora debería reler máis; non para modificar, senón para quitar, porque moitas veces un poema de 3 versos é mellor ca un de 13. Penso que, consciente ou inconscientemente, María Mariño acabou decatándose. Por iso en Verba que comeza é máis frecuente atopar composicións breves.
Todo isto e algo máis sería o que eu diría de María Mariño se non fose impropio e irreverente nun día coma hoxe, e se non fose ir a contramán de voces de prestixio coma Novoneira, Ferrín, Carmen Blanco, Yolanda Castaño, ou o meu amigo Xavier Cordal.
E se cadra dígoo, porque o día rematou mentres redactaba isto e os amigos sempre acaban perdoando.

Ningún comentario:
Publicar un comentario