Vivimos tempos de pronomicidios.
Hoxe escoitei na TV un anaquiño dun mitin de Feijoo e matou cinco pronomes en 20 segundos. Nin Billy el Niño...
Touriño e Quintana andan por aí demostrándolle ó dos Peares -2 provincias, tres concellos, catro parroquias, 5 casas, que país...!- que non pensan renderse sen presentar batalla.
Mentres, os pronomes berran no deserto:
-Precisamos urxentemente (dativos de) solidariedade!

7 comentarios:
E "lle" é pronome de terceira persoa de singular, non de plural. Como dicia o teu tocaio: "Quen estea libre de pecado...".
je,je,...!
Cría corvos...
Por certo, vexo o Topicos sobre a lingua galega I e o Topicos sobre a lingua galega III, pero onde esta o II?
Un despiste.
Amañado!
"Grazasiñas"
E por que no Topicos III non se poden deixar comentarios??? CENSURA NON!!!!
Non, non... Non é censura. O blog está configurado para que se poidan deixar comentarios, pero esa páxina en concreto ábreme con erros (trianguliño amarelo na parte inferior esquerda do monitor); non sei se ten algo que ver con iso.
Suso, eu nunca reparara na diferencia de dereitos e deberes que hai entre a Constitución e o Estatuto galego. Foime moi clarificador a lectura da túa entrada. Grazas.
Publicar un comentario