Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

10.1.07

Ladróns de Catedrais

Fuzando, fuzando, atopo hoxe unha reportaxe, en "La Voz de Galicia" na que sae a praia das Catedrais, que é unha das máis coñecidas e visitadas de Galicia. Aparece habitualmente en folletos publicitarios, anuncios de TV, películas, etc.

O que non acaba de quedar claro é onde está situada; é moi frecuente ler ou oír que está no concello de Barreiros, como sucede hoxe por dúas veces na reportaxe de "La Voz".

Pois non! Pertence ó concello de Ribadeo. A Deus o que é de Deus, e a Ribadeo o que é de Ribadeo.

Ningún comentario: