Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

12.1.07

Días de lume e letras

Escríbeme un amigo e dime que está convencido de que no sistema universitario, e supoño que na sociedade en xeral, as humanidades non interesan, non son rentables.

Será por iso que, no verán, o contido da famosa circular do PP da Coruña ós seus alcaldes encheu páxinas e páxinas na prensa, minutos nos medios audiovisuais, no Parlamento e nas tertulias de taberna, pero absolutamente ninguén dixo que tiña máis de 70 erros (ortografía, acentuación, sintaxe, etc.). Non é pouco, para tres folios. E supoño que quen a redactou non cursou a ESO, que parece que ten a culpa de todos os males.

Ningún comentario: