Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

16.1.07

Letras na pedra -I: lobos no Faro




Vivimos no país das homenaxes: rúas, placas, monumentos, ... todo son recordos e agradecementos a xentes e mentes destacadas. A min non me parece mal atopar cravada na fachada dunha casa unha placa que diga, máis ou menos:


Nesta casa viviu, mamou, medrou e comeu polo frito o poeta Menganito.


Non me parece mal e ata me parece unha boa estratexia para lograr que os turistas enreden tres días en ver o que lles podía levar dous, pero agradezo máis atopar un fragmentiño da súa obra. Prefiro un sorriso bonito a saber a vida de quen sorrí.


Por iso me gustou atopar un día, no faldra do monte Faro que baixa cara a Chantada, este pedroulo cun poema. E o que máis me presta é o despiste do canteiro, que o obrigou a meter unha LOBA entre liñas no final do poema.



NUITE NAS BEIRAS DO FARO


A UXÍO NOVONEYRA


A NOITE NO FARO É DONA LOBA

O CANTAR DA CURUXA BERRA MORTE

E OS TORDOBEOS TRASPEXAN DE PÓLA EN PÓLA

O CHUSCHÚS DOS RABISCOS VAI E VEN E MEDRA

E O VENTO PETA NOS CARBALLOS VELLOS DOS NOVÁS

E CHOVE MAINO E GARIMOSO

O TEMPO NON PASA

E OS PASOS SON PRA TRAS

E OUBEA O LOBO

O LOBO É GRANDE, GROSO E FERO NOS ESCURENTOS

E O MEU SANGRE É VINAGRE

E AS MERLAS, SIN ACOUGO, CHIRLAN NEGRO NAS SILVEIRAS

ÁS VECES

AS GUEDELLAS ÉRGUENSE, E FOXEN COA NOITE

E AS PERNAS EVAÍDAS VANSE DE MIN PRA LONXE

E O SAPO TOCA,

A NOITE NO FARO É DONA LOBA I EU PRONTO SEREI DA NOITE.

PABLO RUBÉN EYRÉ

Ningún comentario: