Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

15.1.07

Parvadas de Núñez Feijoo

O que peor levo dos políticos, e da xente en xeral, é que digan parvadas conscientemente e que me tomen a min por parvo. A última vez que tiven esa sensación foi lendo a entrevista con Alberto Núñez Feijoo publicada en “El País” do día 14 de xaneiro, na edición galega.

O entrevistador pregúntalle ó político pola posibilidade de consenso sobre o tratamento da lingua galega no novo Estatuto, e Feijoo responde:

“...dentro de la Constitución defiendo la máxima prioridad de paridad para gallego y castellano. La preferencia del gallego en la educación, la obligación de estudiar todas las asignaturas en gallego, salvo la lengua castellana, eso empobrece el país y yo no voy a llevar a Galicia al siglo XIX.”
Núñez Feijoo sabe ben que o que está dicindo é unha parvada, pero faino porque nos toma ós lectores por parvos. El sabe ben que no Estatuto non se chega a tanto nivel de concreción con respecto ó idioma; el sabe ben que ninguén propón que se estuden en galego todas as materias, salvo a lingua castelá. É consciente de todo iso, pero vaise por peteneras para evitar recoñecer o que tamén sabe: a pesar de que o Estatuto recoñece que o galego é o idioma propio de Galicia, o único que todos os galegos temos obriga de coñecer é o castelán, porque así se establece na Constitución. Ó que algúns aspiran é a que no Estatuto se equiparen legalmente os dous idiomas, en canto a dereitos e deberes. Só iso.

Ningún comentario: