Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

15.2.10

Barullo na raia VI: Cada cousa no seu tempo

A SERIE EMPEZA AQUÍ Cada cousa no seu tempo
A consciencia sobre as particularidades da cultura da zona con respecto ó resto de Asturias xa veñen de vello, pero é nos anos oitenta cando empezan a levarse a cabo iniciativas de xeito organizado:

Non sei eu se en 1989 nacería a asociación Xeira na Caridá se antes non existise a asociación Antola en Santo Antolín de Ibias (1985), o Grupo de Eilao Pro-Defensa da nosa lingua (1986) e, sobre todo a MDGA (1989).

Non sei eu se a Academia de la Llingua Asturiana modificaría os seus estatutos para atender as particularidades do Eo-Navia (1995) e crearía a Secretaría Llingüística del Navia-Eo (1996) se antes non se apoiase desde o mundo académico de Galicia o labor da MDGA.

Non sei eu se nacería a revista Entrambasauguas (1996) se antes non nacese A Freita.

Non sei eu se a Secretaría Llingüística del Navia-Eo tería publicado as Normas ortográficas del gallego-asturiano (2007) se antes a MDGA non publicase as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias (1990).

Non sei eu se se tería celebrado o I Encontro d’escritores en Gallego-Asturiano na Veiga (2008) se antes non se celebrase a I Escola Fermín Penzol en Ribadeo (2005).

Non sei eu se nacería a revista Trabatel (2008) se non existise antes a colección Òlga (2007).

Non sei eu se algúns dos autores que agora son celebrados en Asturias seguirían esquecidos se antes non os rescatase do olvido Xoán Babarro nos seus traballos, que levar levaban anos aí esperando.

E por non saber, non sei eu se La Nueva España iniciaría a súa brutal campaña contra Galicia se antes La Voz de Galicia non anunciase e iniciase un proceso de expansión cara ó leste, agora abandonado, mercando o Diario de León e anunciando intencións similares con algunha cabeceira asturiana.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Polo que se ve, nun sabes nada. Nun sei, nun sei... Os asturianos tamén temos algo d'imaxinación e d'interés polo noso.
Podería contestarche muitas cousas pro paréceme perder o tempo. Vou ter que pensar igual que pensan os de Xeira e nun quero porque entrar en polémicas fatas nun m'apetece nada. O que fais tú tamén é unha maneira de somentar discordias y eu nun tou disposto a eso porque nun me paga a pena, sería como dar esplicacióis sempre d'esto e do outro e nun teño por qué.
Tanto Trabatel como o Encontro d'Escritores naceron d'unha idea que nun ten nada que ver nin coa Escola de Fermín Penzol nin co máis voso, senon, demóstramo. Nun sei, nun sei...
Nacho

Suso dixo...

Nacho,
Paréceme perfecto o de non entrar en polémicas fatas, e non vin nunca unha polémica máis fata cá que se armou coas declaracións de Ferrín, que dixo exactamente o mesmo que o que din os asturianos comprometidos co seu: oficialidade!

Por iso me cansei un pouquiño de calar e escribín todo isto, pero non coa idea de sementar discordias. Todo o contrario.

Unha aperta
Suso