De Academias e académicos
Miró las gaviluetes, l’esnaliu d’elles; entrañó los glayíos de la tarde. Pensó: “Si yo pudiera describir esti momentu, si yo pudiera detener esti instanti, la mío llingua taría salvada” (Xuan Bello: La hestoria tapecida, 2007)
Miró las gaviluetes, l’esnaliu d’elles; entrañó los glayíos de la tarde. Pensó: “Si yo pudiera describir esti momentu, si yo pudiera detener esti instanti, la mío llingua taría salvada” (Xuan Bello: La hestoria tapecida, 2007)
Empezaba eu dicindo que o barullo se dá sobre todo en rotativas e institucións afastadas do Eo-Navia.
Coas rotativas pouco se pode facer, que unha empresa que edita xornais o que quere é vender exemplares e todo vale para conseguir ese obxectivo. Pero as institucións teñen outra misión e si que poden reflexionar. E non estou pensando agora nas administracións, senón nas Academias.
Tanto a Academia de la Llingua Asturiana como a Real Academia Galega teñen nos seus estatutos apartados específicos para o Eo-Navia. Que se saiba, ningún dos dous estatutos é ilegal, así que será cousa de falar e ver o que pode aportar cada unha.
Para empezar a falar, cómpre que ningunha das dúas vaia cos fumes subidos: a galega debe ter ben claro que estamos falando de territorio asturiano e que é a administración asturiana quen decide politicamente, o cal implica especial esquisitez no comportamento -por aí non ha de haber problema, que Ferrín sabe ser galante-; a asturiana non debe esquecer que o feito de que non contemplase ata 1995 a existencia diferenciada da lingua do Eo-Navia non di moito ó seu favor, e que aínda na actualidade manteña o seu nome en singular non di moito a favor do recoñecemento da pluralidade lingüística de Asturias por parte dunha institución que se supón sensible coas linguas.
Aclarado isto e con vistas a un futuro en positivo, eu creo que alguén debería coller a Ferrín e a Ana Cano, cun par de escudeiros cada un, e levalos ó medio do Tesón, entre Ribadeo e As Figueiras, cando a marea está baixa e todo aquilo é un areal no medio da ría. Unha vez alí, amarralos a todos coma quen fondea un barco e darlles instrucións ben claras:
“Xa sabedes como vai isto da auga que sobe e baixa. Dentro dunhas horas, todo este areal estará inundado. Se non sodes capaces de falar o que haxa que falar e de chegar a acordos antes de que suba a marea, quedaredes tamén debaixo da auga para sempre. Velaí vos queda un garrafón de viño - que non é galego nin asturiano para que non empecemos mal-, unha xerra para servilo e unhas cuncas para bebelo.
Estaremos mirando desde as dúas beiras. Se hai acordo, erguede as cuncas e brindade pola lingua; se non o hai, todos seremos testemuñas de como o curuto das vosas cabezas desaparece debaixo da auga. Rezade para que as luras non teñan os dentes moi finos cando vos vaian roendo as intimidades”.
3 comentarios:
Leo todo o anterior e veñenseme á memoria conversas que mantiven por estas terras ovetenses ... Por fin alguén que me aclara "o problemiña" do Eo-Navía
Feliz antroido ^^
Muito gostei de tudo, noraboa dum asturiano ;)
Gracias por el tou compromiso i saber fer.
Espero que Ana Cano (que lle poxo Apto Cum Laudem a Xoán Babarro por a sua tese doctoral "Galego de Asturias, delimitación, carácterización e situación sociolingüística." )i Méndez Ferrín que núa das súas obras fala dun camín: "Era feito de pedras grandes e antigas, aquel camiño. Pouco antes de chegarmos, o camiño demorárase nun relanzo no que as pedras amosaban carrís labrados por eternidás de carro, e calcamos unha ponte altísima na que os nosos cabalos facían soar ecoares secos, toscos, estreitos, de mil anos.
Os dous coñocen el camín a seguir, ella porque sabe lo que hai i ten úa responsabilidá, él porque sabe da dificultá dos camios importantes.
Publicar un comentario