Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

24.9.08

Fronteiras - II

EMPEZA AQUÍ
Entrando en materia: xogos, alcohol e partos prematuros

Hai algún tempo estiven en dúas reservas indias no estado de Conéctica, en EEUU. Na práctica, son dous macrocasinos: Foxwods e Mohegan Sun Casino. En Conéctica e en varios estados veciños está prohibido o xogo, así que os indios mohicanos, facendo valer dereitos ancestrais que lles permiten decidir libremente sobre os seus territorios, puxeron en marcha estas iniciativas sen competencia en moitas millas á redonda. O negocio está asegurado, pero non deixa de ser curioso que en pequenas zonas dentro dun amplo territorio sexa legal o que no resto é delito.

A suite 212 do hotel Claridge de Londres é territorio iugoslavo desde o 17 de outubro de 1945. Nesa data e nese lugar estaba para nacer o herdeiro do trono de Iugoslavia, e tiña que facelo no seu país para non perder os dereitos sucesorios. Entón o goberno de Churchill realizou os trámites necesarios para que esa suite fose territorio iugoslavo, de xeito que o neno puidese herdar cando lle chegase o momento. A xenerosidade británica non lle valeu de moito, porque Iugoslavia non volveu ser unha monarquía, pero a fronteira segue aí.

En realidade, esta excentricidade tampouco é orixinal. Xa os romanos facían algo similar. Determinadas decisións tiñan que tomarse en territorio de Roma, e para evitar ter que desprazarse desde sitios distantes, acoutaron e declararon chan romano diversos lugares por todo o seu imperio.

Na Leith Wolk, unha rúa de Edimburgo, puiden ver o lugar onde estaba o Boundary Bar ― bar da fronteira―, sobre o que se conta unha simpática historia:

Leith, onde hoxe está o porto desta fermosa cidade escocesa, foi distrito separado ata 1920, ano no que quedou anexionado a Edimburgo. A liña divisoria pasaba xusto polo medio do Boundary Bar, en perpendicular á barra. O bar tiña dúas portas e cada unha daba a un concello distinto. Como as dúas vilas tiñan diferente horario de peche, a unha determinada hora o dono cerraba a porta afectada e obrigaba ós clientes a agruparse na outra punta da barra. O detalle pode resultar gracioso, pero se o analizamos friamente, é ridículo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi interesantes as historias, Suso.

La dama de las letras magicas dixo...

=)=)sorprendente as cousas que se poden chegar a facer(o da suite)=)