Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

28.1.14

"Carta entr'aberta" de Ramón Traveso a Francisco Lanza

Pouco a pouco van aparecendo os textos dos nosos vellos poetas. En dúas ocasións (1 e 2) referímos xa a Ramón Traveso. Sospeitaba ter visto máis textos del, pero non lembraba cando nin onde. Hoxe, revisando arquivos, dei con este recorte de marzo de 1927 que me enviara Xoán Babarro, que gardara e que xa non lembraba.

O poema vai dirixido a Francisco Lanza, fundador e primeiro director de La Comarca del Eo. Ramón Traveso gaba o labor de Lanza como xornalista, dálle conta da propia saúde e pregúntalle por un tema que durante anos estivo presente na actualidade local: o trazado do ferrocarril. Nesta ocasión refírese ó ferrocarril central que había unir Ribadeo con Vilafranca e que nunca chegou a existir. Daquel proxecto, o único que quedou foi "Vilafranca do Bierzo" como nome para unha das rúas principais de Ribadeo e "Ribadeo" para unha de Vilafranca, tamén chamada "Calle del Agua".


Ningún comentario: