Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

3.3.13

Campanónimos

Para Luz, que sabe de nomes o que o demo ignora.

Como as malas compañías sempre acaban influíndo, aínda sen saber moito de onomástica, téñome preocupado algo polos nomes da zona onde respiro:

Houbo tempos nos que poñía o alumnado a investigar sobre os seus antropónimostopónimos, zooónimos, oikónimos, apotecónimos e supoño que algún outro -ónimo que agora non lembro. Un día, de paso que me vendía peixe,  tamén me contou Secundino información valiosa sobre os nomes do mar de por aquí. Eu pensaba que no mar estaba feita a parcelaria e que todo era unha leira, e resulta que cada zona chámase dun xeito. Seica son talasónimos estes nomes.

Pero nunca se me pasou pola cabeza preocuparme polos nomes das campás que vexo agora mesmo só con apartar a cabeza do monitor e virala algo á esquerda, e hai uns días descubrín que están bautizadas desde hai case cen anos. Reproduzo o texto da fonte:
En la inmediata villa de Ribadeo se encuentran colocadas ya en la torre de la parroquial dos magníficas campanas fabricadas en los talleres de fundición que en Carabanchel Bajo (Madrid) tiene don Constantino Linares. Tienen dichas campanas un agradable timbre, siendo su peso de 50 arrobas una y de 40 otra, y se les puso por nombre "Santa María del Campo" a una y "Bárbara" a otra, nombres que corresponden a la patrona de la parroquia el primero y a la abogada de las tormentas el segundo.      
 (Castropol, nº 328, 10 de maio de 1914) 

2 comentarios:

Anónimo dixo...

E que Luz é medio dem-ónima

Charo Soto dixo...

O tema das campás é precioso. Nun libro de Toso sobre lendas de Venecia veñen os nomes das campás da catedral de san Marcos: a Marangona (avisaba de xuntanzas do 'Maggior Consiglio', a Trottiera ou Troteira, así chamada porque cando soaba os cabalos do pazo ducal parece que querían lanzarse ao trote, a Nona, a Mezza Terza e a Renghiera ou Maleficio, un nome que se xustifica porque avisaba de execucións capitais. Xa digo, un tema estupendo.