PUERTO DE VEGA (ASTURIAS) |
Pasou o 21 de marzo, que seica é o día mundial da poesía. Xa sabemos que son malos tempos para a lírica, pero a un sempre lle gusta atopar bocanadas de aire fresco, aínda que sexa en tempos pasados.
A prensa actual é ben pouco motivadora: xa levamos unha semana co mesmo Papa e, non podendo apampar mirando de que color é o fume das chemineas, un non atopa nada en que matar as horas. Xa podían cambiar outra vez! O resto aburre, ofende ou indigna.
Se cadra é por iso que enredo mergullándome en publicacións doutros tempos, como ben notaría quen siga o blog ultimamente. E ás veces atopo lírica viva onde menos contaba:
CANDO: 19 de marzo de 1921.
ONDE: "A Veiga", precioso sitio do occidente asturiano, próximo ó río Frexulfe, onde Xoán Babarro situou os lindeiros do galego.
QUE: Velada infantil na que un par de nenos deleitan o público cun poema en galego:
También deleitó gratamente al público el graciosísimo poema en gallego recitado por simpática pareja infantil "O miñato e mais a pomba", con lo que finalizó tan hermosa velada
Castropol, nº 575, 30 de marzo de 1921 |
Nenos recitando poesía en galego en "Puerto de Vega"... Que tempos!
2 comentarios:
É unha peza teatral de Avelino Rodríguez Elías escrita en 1913. Debeu ser bastante famosa e moi representada como podes ver se a buscas aquí: http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/1075/1/TatoFontainaLaura_2_opt.pdf.
As donicelas tamén fuzan!
Amiiiiiga! Avelino Rodríguez Elías tamén aí... Ese home publicou moitos contos na prensa da época. Sempre tiven en mente buscar información sobre el, pero foi pasando.
Creo que é de Vigo, e non sei como acabou publicando tan regularmente na prensa de Ribadeo.
Publicar un comentario