I
Os dous de sempre (e similares)
15 M, costa de Moyano. Mercadiño do libro de segunda man. Amólame comprobar que cada vez é maior a presenza dos mesmos autores que inundan o escaparate de calquera librería: César Vidal, Pío Moa, ... Tampouco me sorprende moito que a xente queira botalos da casa.
II
Sen almorzo en Ribadeo
Algo distinto: unha 1º edición de Del Miño al Bidasoa en bo estado. Pídenme 300 € e ofrezo 30 por facer unha graza; á vendedora non lle fixo graza ningunha.
Párome a ler o apartado correspondente a Ribadeo e comprobo que é falso que fose o Español o bar onde lle negaron o almorzo ó camiñante, como me teñen dito. Cela di que foi un bar do parque; o Español queda lonxe. Algo aprendín.
III
"Esas cosas vascas..."
Un home achégase cunha bolsa ben pesada e pretende venderlle libros ó vendedor de libros. Abre a cremalleira e amosa o material.
- No interesa. La cosa está muy mal y eso no se vende. Eso no...- ¡Están autorizados, eh! No piense que...- Mire, esas cosas vascas pueden tener salida si mañana se acaba ETA, y Dios no lo quiera porque se llevaría el mérito Zapatero.
Eu pensaba que a xente que trata con libros tiña outra sensibilidade. Marcho.
IV
Era o 15 M. Mentres, en Sol...
3 comentarios:
Moitisimas gracias! Estas en todo. Mirareino e remirareino con calma, sobre todo por que levaba tempo buscando lecturas en paralelo aleman - galego ... vese que non busquei moito. Saudos dende Niedersachsen !!
A foto da costa de Moyano moi ben, gustoume. A imaxe entra. Mágoa das palabras, que desconcertan. Desconcerto ben traído e sabido, pero desconcerto.
Vaia, ho! Pois debo confesar que a foto pilleina por aí en google, que eu non levaba cámara.
O que escribo pilleino en vivo e en directo. Normalmente, marcho dos tenderetes de libros vellos con outras sensacións, pero está claro que o día 15 pola mañá aquel non era o lugar axeitado.
Publicar un comentario