Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

12.11.08

Nenos normais



Chícharos chungos, nenos normais

“Dice que yo hablo madrileño porque soy de Madrid, pero que él habla gallego porque es coruñés”.

Son palabras de Víctor Sánchez del Amo referíndose ó seu fillo, segundo publica hoxe La Voz de Galicia. Parece ser que a familia se instala na Coruña despois da súa peregrinaxe polos distintos destinos futbolísticos do habilidoso extremo, que foi campión de Europa co Madrid pero presume de gañar a liga, a copa e a supercopa co Dépor.

Non sei eu se ese rapaciño de cinco anos vai lograr ser galegofalante no seu contexto, pero o feito de que diga o que di xa é importante. E que o pai se sinta orgulloso tamén é bo indicativo.

Estamos afeitos a oír argumentos parvos en boca de pais que usan os fillos como excusa barata. Pola contra, o idioma case nunca é un problema para os fillos, e os que suspenden materias que se lles imparten en galego adoitan suspender tamén as que se lles imparten en castelán. “Es que si le llaman Xúpiter después no saben que es Júpiter cuando lo ven en una enciclopedia”. Por favor...! Moitos pais parvos pensan que os seus fillos tamén son parvos, pero a mestura de chícharos chungos afortunadamente, ás veces dá un bo guiso, a pesar de Mendel.

O noso idioma non é impedimento para ninguén que veña limpo de prexuízos, e se non que llo pregunten a Mona Imai.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Anda! hai pouco escoiteille a unha compañeira de clase dicir que o problema de estudiar en Galego era ese de non saber (tomando o exemplo que pos ti) que Xúpiter e Júpiter son a mesma persoa ...
Algo lle respondin pero non lembro o que ... non lle fixen moito caso ...
... E logo esta o das fillas de Rosa pero iso é moi longo de contar ...
Un saúdiño

Anónimo dixo...

Por certo, esquecinme, andan por aqui a reivindicar de novo a creación da licenciatura de lingua asturiana, o luns houbo un paron simbólico de un cuarto de hora e a facultade esta chea de bandeiriñas asturianas ... nunca esta de máis ter a cruz da victoria cerca ^^

Anónimo dixo...

Eu alucino co bo acento que teñen, en xeral, todos os que aparecen no vídeo ese que enlazaches e, particularmente, a rapaza xaponesa. Xa me gustaría a min ter un acento a metade de perfecto nalgunha das múltiples linguas que intento falar.

Anónimo dixo...

Suso:

A semana que entra vén Xuan Bello por aquí dar unha conferencia... Xa che contarei. Falará, por suposto, da Historia Universal de Paniceiros. A ver se aprendo algo e fago unha das Anzas, que non o merece menos.
Chuchos.

Suso F. Acevedo dixo...

Que faría a boa de Mona Imai para que suprimisen o vídeo de you tube?

Co gusto que daba oílos a todos!