Del toupo non sei nada. Sei que fuza, que fuza por cuando vai chuver. Cuando fai un montón de tierra, que fuza pa riba, dicen: "Mira, vai chuver, que fuza el toupo". [X. Babarro (2003): O galego de Asturias]
Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.
27.3.08
Proverbio en gaélico
"Tir gun chanan, tir gun anam".
Tradución:
"Un país sen lingua é un país sen alma".
Mirade que bonito é. Hjemslev dicía o mesmo pero de xeito máis aburrido. Tamén Murguía. E moitos outros.
3 comentarios:
Anónimo
dixo...
Ese "anam" paréceme moi latino... non? (obviamente, non deducín o significado da frase, busqueina no Google, que é como se fai hoxe en día lingüística contrastiva). É que hoxe estiven mirando un libro de hindi e xa me entrou a vea indoeuropeísta ;)
Si que parece latino, pero é así. Como ti indicas, andarán por aí raíces comúns.
Vou editar a mensaxe poñendo a tradución, xa que ninguén mo pide. Eu pensei que vos ía ter a todos os lectores de xeonllos ante min en dous días, pero está claro que San Google quítame poder.
Ben fermoso e apropiado para calquera lingua. Aos galegos vénnos pintado. Suso pásate polo Aquam Latam ese che parece apúntate para a xuntanza e vota no blog-xuntanza. Unha aperta.
3 comentarios:
Ese "anam" paréceme moi latino... non? (obviamente, non deducín o significado da frase, busqueina no Google, que é como se fai hoxe en día lingüística contrastiva). É que hoxe estiven mirando un libro de hindi e xa me entrou a vea indoeuropeísta ;)
Si que parece latino, pero é así. Como ti indicas, andarán por aí raíces comúns.
Vou editar a mensaxe poñendo a tradución, xa que ninguén mo pide. Eu pensei que vos ía ter a todos os lectores de xeonllos ante min en dous días, pero está claro que San Google quítame poder.
Ben fermoso e apropiado para calquera lingua. Aos galegos vénnos pintado.
Suso pásate polo Aquam Latam ese che parece apúntate para a xuntanza e vota no blog-xuntanza.
Unha aperta.
Publicar un comentario