Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

8.3.08

Artistas


En 1917 Marcel Duchamp, que estivera con obras na casa, foi ó punto limpo para tirar os cascallos, pero como xa estaba pechado non se lle ocorreu nada mellor que entrar nun museo e deixar alí abandonado un vello urinario.

A cousa gustou moito, pareceu moi orixinal e aí empezou todo. Como o tipo colleu sona, desde aquela son centos os artistas que remexen no seu caletre para parir unha extravagancia.

Non sei quen foi un que pintou un portal de Belén nas tetas dunha modelo brasileira -polo menos o neno Xesús pode mamar-. Pat Binder compuxo un muñeco diabólico con radiografías. Christo anda polo mundo adiante envolvendo monumentos en papel de aluminio –a UNESCO debería tomar nota; non é mala idea para conservalos-. Spencer Tunick retrata xente en bólas e amoreada –de "morea", non de "amor"-. Foron xa varios os que expuxeron unha sala baleira, ou sexa, expuxeron NADA. Eles din que é para que a xente experimente a sensación de estar nun espazo baleiro onde previamente puido ver outras (outras?) obras de arte.

Von Hagens anda por aí expoñendo oito cadáveres plastificados que seica lles comprou de saldo a uns mercaderes chineses. A unha tal Araya Rasdjarmrearnsook non se lle ocorreu nada mellor ca tirar no chan dun escenario uns cantos mortos e soltarlles unha conferencia sobre o sentido da vida e a morte. Non sei se colleron apuntes.

Agora acabo de saber que un tal Guillermo Vargas Habacuc, mal-nacido en Costa Rica, colleu un can, atouno na esquina dunha sala dun museo e tívoo alí ata que morreu de fame e sede para que os visitantes gozasen co espectáculo.

Imaxino que o tipo nos poñerá a parir ós que nos escandalizamos con isto e non montamos gresca contra os que deixan morrer todos os días de fame, sede, frío e enfermidades a miles de nenos e non nenos en calquera lugar do mundo. Vale. Fago exame de conciencia, pero tamén propoño que alguén colla o urinario de Duchamp e llo parta na cabeza a Guillermo Vargas para pechar dunha vez o círculo artístico dos despropósitos.

14 comentarios:

Mélodi dixo...

Arte moderna … nunca a comprenderei. Saúdos ...

Discantus dixo...

Hai unha obra musical composta nos 60 por John Cage que se chama 4' 33''. Consiste en que o intérprete ou intérpretes queda aí parado sen tocar nin cantar nada durante eses 4 minutos 33 segundos e iso é a obra. A coña é que hai diferentes versións: para piano só, para piano e oboe, para orquestra...
O bo que teñen estas cousas é que che dan para moito á hora de teorizar sobre o que é a obra, a arte e todo iso. Ah, e que mesmo a xente tan antimusical coma ti pode interpretar unha obra como 4'33''.

Suso dixo...

Eu son musicalmente analfabeto, non antimusical. É distinto.

busto.agolada dixo...

Abraiante e imcomprensible para min a arte moderna. Seica é arte o que un artista galeo fixo nos sotos do Instituto Cervantes en Madrid: ceibou non sei cantas galiñas para recrear un movemento caótico e expansivo... A min a arte que necesita de explicacións deixa de ser arte. A arte ten que mover a admiración, perseguir a harmonía e a estética e debe resultar facilmente comprensible.
Alguén ten que pechar ese círculo porque senón remataremos por desconfiar dos auténticos artistas.
Saúdos, Suso.

Suso dixo...

Un raposo que entraba de vez en cando no galiñeiro da miña casa tamén era un artista: o que el provocaba tamén era un movemento caótico e expansivo.

Discantus dixo...

Non é que queira defender incondicionalmente a todos estes modernillos, pero paréceme que algunhas veces fanselles unhas criticas un pouco superficiais e gratuitas. Por exemplo: con respecto ao 4'33'' que mencionei antes, moita xente (musicos incluidos) o unico que son capaces de comentar dela son: "Vaia cousa, iso tamen o daba feito eu". E? Agora si, claro, porque xa sabes de que vai, pero ao mellor cando se lle ocorreu a John Cage pois non era tan evidente. Hai que ter en conta que moitos destes experimentos intentan cuestionar o concepto mesmo de "obra", do que moitas veces non somos conscientes. Noutras palabras: iso de que unha "obra artistica" sexa algo que se contempla nun museo ou de que unha "obra musical" sexa algo que se vai escoitar a un concerto (previo pago en ambos casos) igual era unha herexia no século XIV... a mesma herexia que poden ser para nos algunhas destas creacions.
E moitas veces é cuestion de experimentar un pouco, tamén a min a musica de Webern ou de Kaija Saariaho soabame a raios as primeiras veces que a escoitei, hoxe parécenme compositores dunha inmensa forza poética.
Tenho que dicir tamén que me parece que no mundillo artistico hai moito cantamanhanas. Mais nas artes visuais que nas musicais, creo eu, ainda que se cadra é que visualmente son analfabeta e de musica algunha idea tenho.

Suso dixo...

A ver,
Eu tamén frivolicei un pouco conscientemente, sobre todo con Duchamp.
Duchamp,por exemplo, pretendía precisamente o que ti dis: cuestionar a obra de arte e, máis aínda, o artista. E naquel momento de crise e cuestionamneto de valores da burguesía ata me parece comprensible.
E Pat Binder gústame, independentemente de que o seu cadro (?) das radiografías me pareza unha trangallada "arte povera".

Mélodi dixo...

Miradeo polo lado bo, non nos fai falla estar podres de cartos para ter unha obra de arte na casa, cheganos un galiñeiro (deixo a un lado a antipatia que sinto polas galiñas)... hoxe a idea é o que prevalece e por iso todo é susceptible de ser un obxecto artístico, sen embargo o que durante moito tempo se valorou foi a destreza tecnica (palabra de gregos clásicos, a arte é técnica) e defeito houbo un momento no que artista e artesan non se distinguian para nada. O de “eu tamén o podo facer” é un argumento válido ata que che din “non a todo o mundo se lle ocorre” ... o asunto e grande e a vida breve ... ta logiño.

lloytron dixo...

Ola Suso.

A de burradas que son consideradas arte.

O do can é xa demasiado,eu dáballe co urinario e tiráballe una par de pedras á cabeza.

E vexo que aí está o da obra cun silencio tan largo que nombraras cando Adrián fixera un poema moi curto.

Entre ti e mais eu,pódesme chivar algunha pregunta por lerte?

Vemonos.

Carlos

pynty dixo...

jajajaja...
lo que faltaba


bueno..yo de arte prefiero no hablar.. espero se entienda por que...

solo es que.... aish.... >.<


yo no conozco al tal carlos verdad? si lo conociese me acordaria... creo.. @.@

entre tu y yo... amado mio ... no le digas ninguna pregunta...mé y yo te ''sufrimos'' y seguiremos ''sufriendote'' durante mucho tiempo.. y no lo hacemos por interes..
bueno...ella mas que yo... de hecho por que ella me pasa los links al blog... bueno.. no es que a mi no me interese *pynty para ya que lias* es que.... *si mejor paro*


^3^



un saludo
By: ~Pynty☆

P.D. perdon por la gran cantidad de puntos... es la costumbre -.-U
P.D.D. sabes quien soy....verdad? =D

pynty dixo...

aaah...si..se me olvido hacer Spam ...


>.<


I'm really sorry... but... I have to do it =D

mi galeria online:
http://pynty.deviantart.com/





es que una nunca sabe cuando volverá por estos lareeeeees....

Suso dixo...

Ola!
Benvida á toupeira.

Como non vou sabe quen es, muller: a raíña do manga.

Xa lle dei un vistazo ó teu espazo artístico. A ver se te fas famosa e cotizada para que eu poida forrarme ó vender os exames que conservo, a "túa" folla do "meu" caderno e algo máis que atope por aí.

Así que xa sabes. A traballar duro.
Saudiños.

PS: E esa esquizofrenia que te leva a falar contigo mesma é nova ou xa a tiñas?

pynty dixo...

jajaja..

lo de hablar con mi inner es algo de hace años...
lo que es mas nuevo son mis queridos compañeros de piso imaginarios.. con los que hablo normalmente en voz alta...

es lo que tiene vivir sola.. que luego.. cuando esta la familia.. por no perder la costumbre... tambien les hablo en alto ^.^U


aparte de eso...sigo igual de loca que siempre



muchas gracias por preocuparte ;P

____________________________

vean doramas XD

EOM dixo...

Deses eventos artisticos tiña noticia,bueno cada quen coas suas gaitas, pero o do can!!! donde estaban os ecoloxistas,ninguen protestou, denunciou, berrou.E foron miralo?Logo os galegos non poden matar os porcos na casa por que fanlles sufrir.Claro nas matanzas non se cobra entrada.Pois matalos a bicos.