Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

14.3.08

Tempo do ku-kus-klan


Achégase o tempo do ku-kus-klan en todo o país e as toupas tamén queremos gozar co espectáculo, así que a toupeira queda pechada ata que remate Semana Santa. Despois seguiremos "fuzando".

Ás veces xa non sabe un de onde saen tantos encapuchados de cores. Para min que son os mesmos, que pasean en círculo unha e outra vez, con Rouco detrás dándolles co látigo, cambiando de pucho de vez en cando. Investigaremos o asunto.
Saúdos ós lectores.

1 comentario:

Carlos Andina dixo...

Ola Suso.

Moita gracia me fixo iso do KKK.
Xa decia eu:¿E que tera que ver o KKK coa Semana Santa?

Eu tamén levo pechado o meu blog dende hai tempo non porque sexa Semana Santa senon porque teño outra cousa na cabeza que non me deixa pensar noutra cousa.

Ata pronto.
Que o pases ben.