Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

27.11.13

Outro poeta galego: Fernán Alba

Xa que estamos nun blog, direi que unha vez oín que alguén consideraba a Carlos Casares o primeiro blogueiro en galego polas súas diarias colaboracións "Á marxe" en La Voz de Galicia durante anos. Dicíase que publicaba en papel impreso porque non había internet.

Co mesmo razoamento digo eu que o poeta que hoxe nos ocupa foi tamén un blogueiro moito antes, aínda que en castelán, xa que publicou máis de 1000 artigos en revistas de varios países, compartindo cabeceira con autores da talla de Borges ou Onetti

Aquel blogueiro iniciou o seu labor en Ecos vegadenses, publicación da que foi cofundador con só 17 anos, a carón de Eustaquio Lago.

Hoxe queremos dar a coñecer un dos seus primeiros posts, un poema en galego publicado o 1 de xullo de 1924:

En realidade, cremos que o novidoso é precisamente o poema, porque non é Fernán Alba unha figura descoñecida. Trátase dun pseudónimo utilizado con certa frecuencia por Álvaro Fernández Suárez. Este é o único texto que lle coñecemos en galego, pero Álvaro Fernández Suárez é un autor de ampla obra en castelán, xa que habería que engadir máis dunha ducia de novelas e ensaios ós numerosos artigos ós que xa nos referimos.

Non imos entrar aquí en por que non é tan coñecido como sería esperable, tendo en conta a súa traxectoria literaria e política. Diso xa se ocupou con detalle Luís Casteleiro Oliveros, que analiza a súa andaina política, todos os seus libros e indica datos de todos e cada un dos seus artigos.

Non sabemos se foi por descoñecemento ou por esquezo, pero o certo é que o biógrafo asturiano non alude no seu minucioso estudo a este texto en galego, así que esta é a nosa pequena achega.

Ningún comentario: