Déronlle tantas pedradas ós nosos topónimos ó longo da
historia que todo esforzo é pouco para volvelos ó seu. É importante que se digan ben, pero tan importante é que se escriban correctamente, para que entren polos ollos como teñen que entrar.
Por iso me gusta o que fixeron os da tapería O Castro,
na costa de Barreiros: debuxaron o mapa do concello no teito do local,
delimitando as parroquias que o compoñen e indicando cada lugar. O único erro que lles vin foi un Bimbieira que debería ser Vimbieira. Salvo iso, creo que todo ben.
Imaxe do teito da "Tapería O Castro" |
Eu non sei se o fixeron por compromiso co idioma ou para que
os clientes que pimplen de máis atopen a súa casa no medio da néboa dos seus ollos, pero aplaudo a idea fose cal fose a intención.
Tamén é certo que se o fixeron para orientar a xente, cometeron o pequeno erro de poñer o N. onde debía estar o S., co cal xa vexo os clientes de Celeiro de Mariñaos enfilando cara a Irlanda para ir para a casa, ata acabar enchoupados nas augas do Cantábrico, que andan estes días revoltas e fermosas.

O Cantábrico en Benquerencia (Barreiros) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario