Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

3.7.11

Bolanda


Fixéronme chegar o segundo número de Bolanda,  cadernos de historia fozega, que edita en Foz a asociación Pomba do Arco .

En tempos de formatos dixitais cada vez con máis presenza, dá gusto que sobreviva en papel unha publicación periódica cunha presentación tan ben coidada.

Canto ó contido, interésanme especialmente os apartados de poesía: un texto de Baixeras e cinco poemas/cinco imaxes de Caxigueiro, ese poeta pouco coñecido por esconderse detrás dun artista plástico recoñecido. Alégrame que vaian vendo a luz algúns dos seus textos, que eu xa lle coñezo inéditos e que merecen un sitio nas mans dos lectores. 

Que siga sendo azul o ceo de Bolanda e que corran limpas as augas do Iadid.

1 comentario:

Marlene dixo...

Pois non coñecía ó tal Caxigueiro nin coma artista plástico nin coma poeta e paréceme moi interesante... Vai ser verdade que che somos unha potencia! Chuchos e parabéns, Suso.