Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

9.4.10

Prioridades económicas

A Xunta de Galicia vai dedicar 800.000 € para realizar actividades que promovan o galego en 942 centros de esino.

Por outra banda, seica van dedicar 1.000.000 de euros para publicitar o novo decreto do galego. Podemos sumar os 300.000 que se gastaron na realización das enquisas a finais do curso pasado. O malo é que aínda han dicir que este millón e pico de euros se investiu no fomento do galego.

Prioridades no gasto.

Ningún comentario: