7 graos ó saír da casa, cediño e con sono no corpo; 6 á altura de Barreiros, 5-4 por Celeiro, 3 en Vilanova, 2 en Abadín con néboa pecha... Todo apuntaba a un día tirando a frío, pero a calor humana xurdiu de novo en Compostela. Unidos pola lingua, unha vez máis. Resposta firme que sae de dentro, que o corpo pide. Consecuencia das políticas do señor Núñez. E así será tantas veces como queira, porque o sono non pode apagar o soño compartido, no país da néboa.
4 comentarios:
Fermoso texto, sen dúbida. Volveremos. As veces que faga falta. Un saúdo.
Xusto antes de coller o avión Vigo-Tenerife chamei a unha amiga que estaba na manifestación e marchei tranquila sabendo que as nosas voces non poderán ser ignoradas.
Queremos máis galego!
Por certo, vaia coa entrevista a Callón en Foro Aberto! Non se pode escribir unha carta conxunta de protesta? Sabiamos que a TVG ía mudar negativamente coa chegada do PP ó goberno, pero é que xa nin se molestan en non ofender, o discurso xa acadou cotas de belixerancia e non podemos permitirlles estas actitudes! Xa que comen, polo menos que non fagan tanto ruído ó mastigar, non?
Bicos, Suso
Publicar un comentario