7 graos ó saír da casa, cediño e con sono no corpo; 6 á altura de Barreiros, 5-4 por Celeiro, 3 en Vilanova, 2 en Abadín con néboa pecha... Todo apuntaba a un día tirando a frío, pero a calor humana xurdiu de novo en Compostela. Unidos pola lingua, unha vez máis. Resposta firme que sae de dentro, que o corpo pide. Consecuencia das políticas do señor Núñez. E así será tantas veces como queira, porque o sono non pode apagar o soño compartido, no país da néboa. Del toupo non sei nada. Sei que fuza, que fuza por cuando vai chuver. Cuando fai un montón de tierra, que fuza pa riba, dicen: "Mira, vai chuver, que fuza el toupo". [X. Babarro (2003): O galego de Asturias]
Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.
19.10.09
Unidos pola lingua
7 graos ó saír da casa, cediño e con sono no corpo; 6 á altura de Barreiros, 5-4 por Celeiro, 3 en Vilanova, 2 en Abadín con néboa pecha... Todo apuntaba a un día tirando a frío, pero a calor humana xurdiu de novo en Compostela. Unidos pola lingua, unha vez máis. Resposta firme que sae de dentro, que o corpo pide. Consecuencia das políticas do señor Núñez. E así será tantas veces como queira, porque o sono non pode apagar o soño compartido, no país da néboa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Fermoso texto, sen dúbida. Volveremos. As veces que faga falta. Un saúdo.
Xusto antes de coller o avión Vigo-Tenerife chamei a unha amiga que estaba na manifestación e marchei tranquila sabendo que as nosas voces non poderán ser ignoradas.
Queremos máis galego!
Por certo, vaia coa entrevista a Callón en Foro Aberto! Non se pode escribir unha carta conxunta de protesta? Sabiamos que a TVG ía mudar negativamente coa chegada do PP ó goberno, pero é que xa nin se molestan en non ofender, o discurso xa acadou cotas de belixerancia e non podemos permitirlles estas actitudes! Xa que comen, polo menos que non fagan tanto ruído ó mastigar, non?
Bicos, Suso
Publicar un comentario