Anda a xente escandalizada coas mentiras de Galicia Bilingüe e do señor Núñez polo asunto do idioma, co caso Gürtel, coa moción de censura de Silleda, etc., etc. Se cadra a explicación a tan pouco disimulo está neste recantiño que decubrín hai pouco na parede dunha igrexa.
Ben pouco custa obter indulxencias para 10.000 anos! E se cadra aínda chegaban uns aniños menos.
4 comentarios:
¿E onde queda esa cruz? Penso que non necesito 10.000 anos de indulxencia pero unha nunca sabe o que pode pasar...
Dende logo si que es un empresario de éxito. de agora en diante mirarei con mais atención os letreiros a ver se te atopo.
Saúdos dende A Ulloa
Ola!
Benvido á toupeira.
Esa cruz estache na parroquia de Vilanova (Lalín). Non leva nin dez minutos chegar desde a capital de Deza, pola estrada que vai cara ó Irixo.
Xa ves que as empresas me van ben. Teño de todo.
Saúdos
A verdade é que moito mellor se vive co colchón do catolicismo! Tanto ateísmo só nos leva ao sufrimento, co tranquiliños que andariamos resolvendo o día cuns painosos (dise asi?) á noitiña!
Bicos descridos
Si, ho! Que 5 Gloria Pater rézanse enseguida. O malo sería se houbese que aturar 1 Gloria Lago.
Saúdos
Publicar un comentario