Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

30.7.09

Naipe de sangue



De pequeno traguei ducias de noveliñas de Marcial Lafuente Estefanía e penso que aprendín delas moitas cousas boas. Aprendín, por exemplo, que ás veces non é mala cousa darlle unhas pedradas, sen mancar moito, a quen as merece. Clint Eastwood faino de vez en cando e non lle vai tan mal.

Perdinlle a pista a estas novelas cando fun medrando e deixei de velas á venda, pero aínda non hai moitos anos que merquei de novo unha en Mérida, ó dar con ela nun kiosco.

Con ese espírito positivo e libre, lin con devezo hai anos Por unha presa de machacantes, de Isidro Novo, e lembro aquel momento xenial no que un personaxe lle di a outro algo así como "Ou me contas todo o que sabes ou che poño un disco enteiro de Ana Kiro". A ver quen se resiste.

Por iso me alegra moito que se empece a facer cine do oeste en Galicia. A este paso aínda imos acabar sendo un país normal.

Máis nada, que vou dar unha voltiña pola serra do Galiñeiro, a ver se queda un cabalo libre.

4 comentarios:

Marlene dixo...

Non pillo o de Clint Eastwood, Suso.

Por certo, Hollywood asinou contratos co goberno canario para rodar non sei cantas súper producións nas illas pola súa diversidade paisaxística (entre elas unha nova versión de Furia de Titáns), non vexo por que non se ía poder rodar calquera tipo de peli na Galiza. Iso si, nada de ianquis... a menos que, por exemplo, lles poñan ás pelis banda sonora galega, tipo Ana Kiro. Para facer país, xa sabes.

P dixo...

La vida es esto. Prestémosle atención a los
detalles. Al calorcito humeante del pis, a sacar la basura, a viajar apretados
en colectivo. Si no disfrutamos eso, ¿qué nos queda?

trapalladaspuntogz dixo...

Non son moi fan do cine do oeste,pero por qué non probar ese cine en Galicia?
Por certo,os libriños eses que lías de pequeno vinos en Multitiendas Teresa,por se che apetece recordar vellos tempos ;)

trapalladaspuntogz dixo...

Ah,e son Carlos,décheme clase en terceiro ;)
O outro blog deixeino e teño ese