Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

11.7.09

A Igrexa e o galego

No mosteiro de San Rosendo de Celanova saquei onte esta foto.

Non é que me preocupen a min especialmente os asuntos da Igrexa, pero sempre é bo ver que usa o galego, sobre todo se ese compromiso se manifesta colgado nos mesmos muros onde estaba encerrado Celso Emilio cando pensou aquelo de

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
(...)

I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

É de supoñer que tamén a misa que se anuncia sexa en galego. Non o sei.

4 comentarios:

Luli dixo...

Vexo que estiveches na fermosísima vila,e como digo eu pouco aproveitada, polo moito que ten a nivel cultural ( Curros, Castor Élices, Celso, Ferrin, e novos poetas que están empezando a emerxer e dar que falar como Baldo Ramos...) patrimonio( Mosteiro, Igrexa mozárabe, Castromao,..., Vilanova dos Infantes, moitas santos coñecidos e romarias interesantes incluso para os/as laic@s( a romaria da Virxe do Cristal e a da Armada)e espazos naturais como o rio Arnoia ... e podería seguir asi un bon cacho.Celanova ten moito, incluso como di a canción de Suso Baamonde "Celanova ten un vento"...
Despois de facer xa bastante publicidade da miña terra, indo ao grao, Suso, eu podo contarche do cura da parroquia de Celanova, que si usa o galego bastante a miúdo nas conversas, e nas misas parte a dá en galego (as oracións as reza en galego) e ao mellor o sermón o fai en español, pero maioritariamente usa o galego. Ademais é moi rápido, co cal, á xente gústalle ir as súas misas ( o irmán que creo que xa morreu, nin daba as misas en galego, e ademais eternizábase). Pero agora o que quedou é o que utiliza o galego ( César).Non sei se te fixaches pero no mosteiro na parte de adiante, moi cerca da entrada principal hai unha pintada na pedra( cada dia vese peor, claro) que non se borra de Celso Emilio sobre o boletin que tiña o "semanario Adiante"!

xavier dixo...

ui ui ui, moito localismo ...hehe

Suso F. Acevedo dixo...

Luli,
Non sabía que eras de Celanova. Pois, certamente, a túa vila ten un montón de atractivos, pero tamén lle falta algo fundamental: un HOTEL.
Como pode unha vila así non contar cun sitio onde poidan durmir os visitantes?
O "Betanzos" pechou e na vila seica non hai máis nada.
O que non sei é como os da Fundación Casares e o Miguel Anxo Fernández vos levaron aí o congreso sobre as industrias audiovisuais.
Abre un hoteliño axiña e verás como te forras!!!

Así que esa pintada que hai á dereita da porta é de Celso Emilio! Estiven tentando lela, e como non entendín nada non lle dei importancia. Se soubese que era del habíalle sacar unha foto, como reliquia. As pintadas tamén poden ser un valor patrimonial que se debe conservar. A min dixéronme que non hai moitos anos na Veiga aínda se podía ver nunha casa unha pintada que dicía VIVA MAURA! Non me digas que iso non era como para conservar e usar como atractivo turístico.

En canto ó voso cura, alégrome de que use o galego e de que sexa rápido co seu traballo, pero nin así penso entrarlle na igrexa para comprobalo.

Luli dixo...

Si, por iso decia que está moi mal aproveitada. Hai moito americano emgiradoq ue ven no verán e merca en Vigo, pero non se lle ocurre invertir na súa vila. Falta d miras!! Antes había varios cursos de varán en CElanova que elimiaron por non ter aloxameno.Eu o sitio para o hotelillo, xa o teño localizado ... se queredes invertir!! ao fin e ao cabo, tamén é terra arraiana como Ribadeo!