FOTO: V. Mejuto
Teño abandonada desde hai tempo esta sección, aínda que gardo material para engordala (a sección, non a modelo), e tirando de arquivo, lembro hoxe unha noticia de setembro de 2006 (Voz de Galicia) na que se daba conta dunha modelo galega que rexeitaran na pasarela Cibeles por fraca.
De paso que nos informa deste feito, o redactor lémbranos que "Gemma Fabeiro vive en Madrid desde hace dos años y medio, en un piso que comparte con una azafata, también de origen gallego, con la que asegura que siempre habla en el idioma de la tierra".
É incrible: unha galega que fala galego, aínda en Madrid e sendo modelo!

Eu non sei como llo permiten..., se é que aínda llo permiten, tres anos despois e coa que está caendo. Aínda nolo ha de impoñer a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario