Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

15.4.09

Telefónica. Pulse o que queira; nós faremos o que nos pete

Hoxe tiven un pequeno problema co meu teléfono fixo e chamei a Telefónica:

- Si usted quiere ser atendido en castellano, pulse 1.
- Se vostede quere ser atendido en galego, pulse 2.

Pulsei 2.

- Buenas tardes, en qué puedo ayudarle?
- Acabo de pulsar 2.
- Qué?
- Que pulsei 2.
- Ah! Ya, es que estamos en La Coruña y a veces también nos entran llamadas en castellano. Pero no se preocupe: usted puede hablarme en gallego, que yo lo entiendo.
- ...!!!

Eu pensaba que o de “ser atendido en galego” era para min, non para ela. O caso é que eu pulsei 2, ela foi atendida por min en galego e eu fun atendido por ela en castelán. Como o conto. Hoxe mesmiño.

Supoño que cando esa telefonista vexa a Feijoo lle dirá que lle impuxen o galego. É que eu sonvos un radical.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Acábame de pasar o mesmiño a min chamando a unhas oficinas de Pontevedra. Hai que ter unha paciencia!

Anónimo dixo...

Ó meu home pasoulle o mesmiño...
Mira que hai casualidades!! Un bico.

Anónimo dixo...

Á miña muller, o mesmo. De feito pensamos en darnos de baixa de telefónica e pasarnos a outro operador á espera de R.