Algúns visitástesme a tiro fixo porque sodes amigos ou coñecidos, pero outros chegastes de rebote, desde un buscador. Andabades uns en busca de contidos relacionados coa lingua e a literatura galega: nomes, libros, documentos, conceptos, ... Nada sorprendente. Pero outros viñestes levados por san google, que non sempre vos guiou por camiños lóxicos. Velaquí algo do que tecleastes:
“ariadna gil fútbol barça” .
“modelo belén prieto” –Descoñecía eu esa faceta da escritora veigueña-.
“xabier cordal guapo” –Non me cabe na cabeciña que se poida chegar a min por este camiño. A verdade é que non me cabe na cabeciña que este camiño leve a sitio ningún-
“guapo” –(así, sen máis) Desta vez si que non me estraña que acabase en min o buscador-.
“chourizos ceboleiros”
“feira do viño de chantada”
“meteosat”
“matar toupas” –espero que non sexa nada persoal-
“depredadores especialistas”
“Vai pedra vai”
“lixo de luxo”
“propósito del chegue bara” -pobre Che!-
“cuanto cobra superpiñeiro” - non teño nin idea nin creo que se poida averiguar no meu blogue, pero vese que hai xente moi interesada en sabelo porque a consulta repetiuse en abril e en xuño-
“parvadas” - seguramente o visitante atoparía exemplos de sobra-
“represión Riotorto”

“resumen de a illa do tesouro” –en maio, algún alumno apurado que seguramente non leu o libro andaba buscando isto. Errou de sitio-.
“ku-kus-klan”
“ku-kus-klan”
Isto empeza a dar medo. Chegado este punto, mellor non sigo mirando.
3 comentarios:
Hahaha, home Xabier Cordal ghuapo ghuapo nom é, mas tem um pelaso... xD
Eu non eliminei nada. Sería o autor do comentario.
Publicar un comentario