Andei utimamente polos camiños da infancia e subín ó Campo dos Marcos, unha finca da casa que me trae moitos recordos. Desde alí vese todo o val do alto Deza, redondo coma unha cunca con picho cara á Ulla.
Busquei de novo un dos marcos que lle dan nome ó monte. É unha lousa grande cun B ben visible e acordeime da historia que oía de pequeno.
Contaban os vellos que os vellos contaban que en tempos chegaba o “caballero” de Barcia montado nun cabalo, seguido duns cantos homes e, onde lle parecía, baixaba do cabalo e mandaba que os seus acompañantes espetasen unha lousa grande, cun B gravado. Eu mesmo atopei unha vez outra, monte arriba. E así ía delimitando os seus dominios, que chegaban desde Barcia ata tan lonxe.
Eu imaxinaba un tipo ruín e caprichoso que se quedaba coas terras que quería polas malas, unha especie de ogro, e tívenlle medo sen saber nada del.
Seguro que detrás da lenda había algo certo da tan repetida historia de abusos á nosa Terra. Arrepíntome agora de non ter indagado dos vellos máis detalles: de que tempos me falaban, de que estirpe era o “caballero”, ...
Gustaríame saber.

(Tamén me arrepinto de non levar cámara para sacarlle unha foto ó marco. Mentres tanto estas letras quedan sen pedra)
Ningún comentario:
Publicar un comentario