Os semáforos en Irlanda son moi paveros. Hai moitos momentos nos que están pechados durante varios minutos tanto para os vehículos coma para os peóns e alí quedan, uns e outros, agardando a ver a quen lle toca o verde.
Eu creo que nun deses momentos de espera foi cando a Julian Opie se lle ocorreron as súas creacións artísticas, que agora están sementadas por medio mundo, incluídas algunhas rúas de Dublín. Eu puiden ver alí algunhas das súas relaxantes trangalladas.
Volvo ós semáforos: cando abren, o bonequiño dura tan pouco en verde que é absolutamente imposible cruzar toda a rúa. Non hai máis remedio ca botar a correr ou cruzar media rúa en vermello. Eu penso que é unha estratexia contra a obesidade, para que a xente ó ter que correr faga exercicio despois de tanta pinta. Non é mala idea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario