Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

7.1.08

"Ardeiro", e van catro (creo)


Non sei por que me atrae tanto a escrita dos que se saben cos días contados. Xa escribín hai tempo sobre isto en relación con tres autores nosos, novos. Sinto curiosidade por saber de que maneira esa situación, ese estado de ánimo, se espella nos versos.
Se non intrepreto mal a columna coa que Xosé A. Ponte Far despedía o ano como colaborador habitual en La Voz, Xosé M. López “Ardeiro” é outro exemplo. Nada sabía eu e nada lin deste poeta da Barcala, pero devezo xa por ter diante versos seus para trasler.

2 comentarios:

busto.agolada dixo...

Tamén eu lin o artigo de Xsé A. Ponte Far. E resulta gratificante descubrir poetas de vello que están ao noso carón e dos que non chegamos a ter noticia. Cómpre que os que saben deles nolos dean a coñecer, como fas ti.
Uha aperta, Suso.

Anónimo dixo...

Eu tiven o pracer de coñecer o entrañable Ardeiro. Dendo logo deixounos unha lírica marabillosa pero no meu recordo non están só as súas verbas senón a súa personalidade tan peculiar. Penso que o mellor tributo que se lle pode facer a un poeta e ler a sua obra. Dende onde estés amigo Ardeiro, tomemos un viño xuntos brindando por ti.