Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

23.4.07

Letras na pedra IV: Francisco Lourido, na beiramar cantábrica



Máis letras na pedra: os versos de Francisco Lourido, desde a beiramar cantábrica ó outro lado do océano, onde publicou en galego e castelán.

Recoñezo que non sabía moito del. Busquei na Gran Enciclopedia Galega e comprobei que lle dedican seis liñas, sen foto. Á palabra “Galiña” dedícanlle once páxinas e doce fotos.

A min tamén me gustan os ovos fritos, pero, para ir compensando, neste blog poño 14 versos do poeta e dúas fotos, e non penso escribir nada sobre galiñas.

Teresa, graciñas polas imaxes.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu teño unhas 20 liñas. Pero foto non. E poema na pedra, tampouco.

Anónimo dixo...

(son o anónimo de antes)

E neste blog teño 0 liñas e 0 fotos, por certo...