Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

28.4.07

Detalles que valen un libro


Hai pequenos detalles que abondan para xustificar un libro:

Lin La sombra del viento, antes de que todo o mundo falase do seu contido, atraído pola foto da portada. Os ollos de Asne Seierstad na solapa da edición de Círculo de Lectores de El librero de Kabul ben merecen o que custa o libro. Se eu fose o autor desas imaxes ou se se me ocorresen títulos coma Sombra do aire na herba, Con pólvora e magnolias, Seivas de amor en tránsito, A vella peneira a noite ou Una medusa en el desierto publicaría un libro cunha portada fermosa e todas as páxinas en branco, porque creo que non se valora debidamente o de dentro cando se saborea un comezo tan bonito.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola Suso! Parabéns polo blog, préstame moito lelo. Desta vez animeime a facer un comentario ó ver que citabas "A vella peneira a noite", do cal falamos hai un tempo. A min un título que me gusta moito é (referencia anglosaxona, non o puiden evitar) "Will you please be quiet please?", de Raymond Carver.
Chuchos

Dimo dixo...

Moitos parabéns polo blog, Suso! Ademais da referencia á Vella, que che agradezo moito -xa te convidarei a algo en Castro :) -, hei usar este estupendo blog nas clases, ten moito aproveitable. Parabéns!