Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

7.2.07

Fortalezas ástures

En Asturias acaban de constituír unha agrupación de agrupacións para defenderse dos galegos. Non están tolos estes ástures.

Hai anos, viaxando pola raia norte de Portugal decateime de que todas as fortalezas defensivas estaban do lado sur do río (Valença, Monçao, Melgaço). Por algo sería. Está ben claro que os perigosos son sempre os galegos.

Din as malas linguas que en Asturias xa están ultimando unha iniciativa para pedirlle a Fomento infraestruturas defensivas. Polo de pronto solicitan unha fortaleza en San Tirso de Abres, e máis tarde queren outras en Ibias, Taramundi, A Veiga e Castropol.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Xa temos os tanques e os katiusas debaixo da ponte dos santos. Ha. Ha.
Estes asturianos, ben, catro pirados bablistas, non todos...